Os socialistas de Arteixo dudan do funcionamento do sistema VIOGEN no concello e reclaman coñecer as estatísticas dos casos atendidos pola Policía Local
O grupo municipal socialista pide información ao goberno local sobre cantos membros da Policia Local de Arteixo están adheridos ao sistema VioGen, cantos casos ten atendido e que actuacións se fixeron dende a sinatura do convenio en 2021
O grupo municipal socialista pedirá información ao goberno local sobre o funcionamento do sistema VioGen (SISTEMA DE SEGUIMIENTO INTEGRAL EN LOS CASOS DE VIOLENCIA DE GÉNERO) desde a sinatura do convenio con Ministerio do Interior en 2021 para a incorporación do corpo de policía local de Arteixo no sistema.
Os socialistas arteixáns indican que é fundamental actuar unidos como sociedade para deter a violencia machista e poñer todos os medios necesarios para evitar que se siga asasinando a mulleres e aos seus fillos.
“Os socialistas de Arteixo non coñecemos ningún caso de violencia de xénero atendido pola nosa policia local e cremos que é necesario profundar nas medidas de protección ás vítimas, a través dunha adecuada coordinación das actuacións entre a Administración Xeral do Estado e das Entidades Locais, co fin de previr e evitar riscos de novas agresións” apunta Patricia Boedo, portavoz do grupo municipal socialista de Arteixo, por iso é preciso avaliar o funcionamento do sistema VIOGEN no municipio.
O grupo municipal socialista demandará información sobre cantos membros da Policía Local de Arteixo están adheridos ao sistema VIOGEN, cantos casos ten atendido e que actuacións se fixeron dende a sinatura do convenio en 2021 parasaber se se está a cumprir os compromisos asinados polo concello en 2021, que son
1. Aplicar o “Protocolo para a valoración policial do nivel de risco de violencia de xénero” nos supostos da Lei Orgánica 1/2004 do 28 de decembro, nos termos previstos na Instrución 4/2019 do 6 de marzo, e coas necesarias adecuacións derivadas do seu ámbito competencial e conforme aos criterios establecidos no Protocolo de Coordinación e Colaboración en materia de violencia de xénero subscrito co Corpo Policial estatal competente na demarcación.
2. Solicitar a través do Administrador Territorial / Xeneral do Sistema VioGén, competente na demarcación, que se habilite usuarios do Corpo de Policía Local, en funcións de violencia de xénero, para acceder ao Sistema VioGén e desempeñar as funcións previstas no Protocolo de Coordinación e Colaboración en materia de violencia de xénero subscrito por ambos os Corpos.
3. Calquera incidencia na habilitación de usuarios deberá ser posta en coñecemento da Administración Central do Sistema VioGén a través do Administrador Xeral das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, competente na súa demarcación.
4. Facilitar á Administración Central do Sistema VioGén unha relación permanentemente actualizada de usuarios da devandita Policía Local debidamente identificados e autorizados para conectarse ao Sistema e velar porque estes utilicen correctamente tanto as súas claves de acceso como a información á que accedan a través do Sistema.
5. Promocionar e estimular aos usuarios do Corpo de Policía Local habilitados no acceso ao Sistema, tanto en modo consulta, como mediante a introdución e/o actualización de datos significativos para a protección das vítimas no contexto do seu ámbito territorial e competencial, segundo o contido no Protocolo de Coordinación e Colaboración en materia de violencia de xénero subscrito co Corpo Policial Estatal e seguindo as instrucións de procedemento recollidas nos Manuais de usuario e/ou proporcionadas pola Administración Central VioGén
Boedo expón que as mulleres asasinadas en España como consecuencia da violencia de xénero en 2022 foron 49, “e nos 9 meses que levamos de 2023 xa igualamos o rexistro do 2022 con 49 as mulleres asasinadas por esta terrible lacra”, e engade que o ámbito municipal, “o máis próximo á cidadanía”, é esencial para a coordinación das políticas que “corrixan as desvantaxes socioeconómicas das mulleres, a loita contra os estereotipos e a violencia e no fortalecemento do poder de acción e participación das mulleres”.
ACTOS DE VANDALISMO E SUCIEDADE
Os socialistas tamén levarán ao pleno as queixas da veciñanza pola pouca presencia da Policía Local na rúa a pesar da contratación de auxiliares nos meses previos ás eleccións municipais “para dar sensación de seguridade”
Boedo sinala que os paseos pola rúa dos axentes desapareceron, e “dende o concello son incapaces de aplicar a normativa local para que aqueles que actúan incívicamente deixen de facelo por medo as sancións”, en referencia tamén ao estado do inmobiliario urbano polos problemas de vandalismo denunciados recentemente. e da suciedade xerada polas mascotas no concello..
O Grupo Socialista no Concello de Arteixo esixe saber por que se interrumpiron as patrullas a pe feitas pola policía local nos meses estivais, e que medidas pensa tomar o goberno local para facer cumprir as ordenanzas en canto ao respecto ao mobiliario urbano e a obrigatoriedade de recoller as deposicións das nosas mascotas, así como se o grupo de goberno ten pensado algún programa de concienciación e educación sobre a necesidade de coidar o noso territorio.