Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo denuncian irregularidades no procedemento do inventario de bens do concello

O grupo municipal socialista pediu no último pleno un aprazamento para poder revisar o expediente e fiscalizar as 123 alegacións do informe xurídico e  argumenta que o propio concelleiro de Urbanismo e Patrimonio presentou fóra de prazo algunha desas alegacións en nome doutro veciño.

O grupo municipal socialista preguntará no pleno de xullo por certas irregularidades detectadas no procedemento de actualización do inventario de bens do concello, que foi aprobado no mes de xuño.

No pleno do mes pasado o grupo de goberno aprobou definitivamente a actualización do inventario de bens, un procedemento aberto no ano 2016, sen atender a petición do grupo socialista que solicitaba un mes de prazo para poder avaliar a documentación xa que non foi entregada aos grupos en formato dixital e solo existía a posibilidade de acudir en persoa ao concello para revisala, o que provocaba unha clara desvantaxe para aqueles concelleiros que non teñen dedicación exclusiva como os concelleiros de goberno.

A voceira socialista, Patricia Boedo explica que “despois de 6 anos de espera para a aprobación definitiva, entendíamos que por un mes de espera para que puidéramos avaliar a documentación non pasaba nada, pero dende o grupo de goberno preferiron pasar o rodillo e insultar a oposición por non ter unha dedicación exclusiva ben pagada como no caso dos concelleiros de goberno para poder acudir en persoa ao concello a semana previa ao pleno a ver a documentación, que non quixeron colgar en formato dixital, tal e como fan dende fai anos, ata o día antes ao pleno”.

Según Boedo, “por unha banda o secretario do concello informaba que era necesario que se aprobase pronto, para ter garantías legais dos bens do concello, pero por outra se mantivo unha espera de 6 años para aprobalo e en todo ese período non deron contestado todas as alegacións presentadas”.

A representante socialista argumenta que o seu grupo consideraba necesario “fiscalizar a contestación ás 123 alegacións que figuraban no informe xurídico” e  polo tanto “denunciamos o peche en falso que facían dende o goberno, nun proceso de actualización que foi caótico e fallo de garantías para a cidadanía”. Patricia Boedo denuncia que  o gobernó municipal do PP “ tivo que aumentar en 6 meses o prazo para a presentación de alegacións” e que “o propio goberno local admitía que existían alegacións sen contestar seis anos despois”.

Unha vez analizada a documentación trala aprobación do inventario “entendemos por que o goberno intentaba ocultala” di Boedo. Según os propios informes da Concellería de Urbanismo e Patrimonio ratificouse o 26 de maio de 2016 a rectificación e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Arteixo  e,outorgouse un prazo de seis meses de información pública desde o día seguinte a publicación no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas realizasen as alegacións que considerasen oportunas.

“O anuncio foi publicado no BOP de 27 de xuño de 2016” aclara Boedo, pero aparecen alegacións presentadas fóra de prazo“ entre elas a presentada o 28 de Decembro de 2020, polo propio concelleiro de urbanismo, Luis Alberto Castro Calvete en nome doutro veciño, “é dicir, 3 anos fóra de prazo pero curiosamente esta alegación deu tempo a contestala e foi estimada”.

“Sen entrar a valorar o contido da alegación, estimar a aprobación de alegacións presentadas 3 anos fora de prazo e rubricadas polo máximo responsable da concellería encargada desta actualización resulta cando menos chocante, cando o concello pode actuar de oficio para actuar sobre propiedades das que ten documentación que acredita que son públicas” insiste Patricia Boedo. “Pero ao mesmo tempo que o concelleiro responsable presentaba alegacións en nome doutras persoas fóra de prazo, negábaselle a posibilidade de abrir expedientes para estudar posibles propiedades públicas a outros vecinos” explica a voceira socialista

“Ante este xeito de facer urbanismo á carta por parte do concelleiro responsable do departamento” os socialistas preguntarán no pleno de xullo por estas irregularidades nos prazos de alegacións ao inventario e se se admitiron a trámite algunas presentadas 3 anos despois polo propio concelleiro de Urbanismo,