Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo denuncian as deficiencias no Servicio de Axuda a Domicilio de Arteixo e preguntarán pola situación das traballadoras

O grupo socialista levará ao vindeiro pleno as queixas dos usuarios e as súas familias con relación á falla de profesionais nalgún servizo e aos continuos cambios de traballadoras que provocan desatención, así como a calidade da comida que se lles dá aos usuarios/as.

Reclamacións de empleadas do SAD de Arteixo no 2020

O grupo municipal socialista levará á pleno a situación do Servicio de Axuda a Domicilio de Arteixo tralas denuncias realizadas polas traballadoras do servizo e as queixas dos propios usuarios e as súas familias.

Según a voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, son innumerables as queixas de usuarios e familias sobre o funcionamento das empresas que xestionan o SAD de Arteixo denunciando a falla de profesionais nalgún servizo e os continuos cambios de traballadoras que provocan que algún usuario e usuaria pase a noite no sofá ou na cama sen comer e sen medicación, e as queixas tamén se refiren a calidade da comida que se lles dá aos usuarios/as.

Por outra banda, as propias traballadoras do SAD acusan ás empresas adxudicatarias do servizo de non respectar os dereitos laborais cun asoballamento que causa múltiples baixas laborais por estrés e despidos.

“Ante a gravidade da situación, o grupo socialista quere saber se o equipo de goberno é coñecedor destas deficiencias e irregularidades no Servizo de Axuda a Domicilio e por iso levaremos unha batería de preguntas ao pleno para esclarecer estas circunstancias” sinala a voceira socialista.

“Precisamos saber se hai denuncias presentadas no departamento de servizos sociais sen atender, se son coñecedores dos despidos a traballadoras, das xornadas que se lle impoñen, se se están cumprindo escrupulosamente os pregos de contratación e se teñen iniciado algún expediente contra as empresas” explica Boedo.  “A concelleira de Servizos Sociais debe tamén dar algunhas explicacións sobre a súa propia supervisión do SAD ou por posibles intromisións ilegais no funcionamento das empresas” concluíu a voceira socialista.

Preguntas pleno xuño 2022 SAD