Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo denuncian a situación de desleixo das parcelas fronte ao centro social de Froxel

O PSOE demanda coñecer a situación urbanística ou o proxecto de acondicionamento da zona e recibe a negativa do PP para cambiar a situación das parcelas e seguir acumulando material sen control.

O grupo municipal socialista de Arteixo ven de denunciar que máis de 20 anos despois da posta en funcionamento do Centro Social de Froxel en Oseiro e despois de 13 anos de goberno continuado do PP en Arteixo, as parcelas situadas fronte a súa fachada están en peor situación que no ano 2003, con material acumulado sen control.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, explica que outras zonas onde se atopan infraestruturas do concello se urbanizan e humanizan para o uso da veciñanza, e reivindica que esas parcelas poderían ser un bo lugar para dotar de espazo verde e de lecer para a veciñanza da contorna “e non un lugar feo e lúgubre por onde non apetece nin pasar”. 

“Eramos descoñecedores da situación urbanística destas parcelas ou se existía algunha planificación ou proxecto para desenvolver alí” declara Seco, "pero no pleno de xullo, atopámonos coa negativa do PP a facer nada nese lugar, que a propia administración utiliza para acopio de material".

Seco considera que é o  momento para facer deste espazo un lugar atractivo por onde non resulte desagradable circular.