Os socialistas de Arteixo denuncian a nefasta xestión medioambiental do goberno municipal do PP que permite un vertedoiro incontrolado no lugar de Fontán Seco en Freán
Patricia Boedo: “E inconcibible a desidia do concelleiro de medio ambiente que vive a pouca distancia do vertedoiro. Arteixo necesita un grupo de goberno que xestione durante os 4 años de mandato e que non esté a pensar só nos altos salarios que recibe”
Os socialistas de Arteixo denuncian a xestión medioambiental do goberno local que permite un vertedoiro incontrolado no lugar de Fontán Seco en Freán preto do núcleo de Santa Icía, e “que pasa totalmente inadvertido” para o concelleiro responsable do departamento de medio ambiente. Neste caso ademáis a pesar de que cando chove a escorrentía vai dar ao río Seixedo, de donde o actual goberno pretende sacar auga para consumo humano.
A candidata socialista en Arteixo, Patricia Boedo, avanza que o grupo socialista presentará unha denuncia no concello e nas entidades competentes porque cando chove a escorrentía vai dar ao río Seixedo, de donde o actual goberno pretende sacar auga para consumo humano, e considera “inconcibible a desidia do concelleiro de medio ambiente que vive a pouca distancia deste vertedoiro”. “Cousas coma esta son a mostra de 12 anos de absoluta falla de xestión e coñecemento do seu departamento” sinala Boedo.
Para a candidata do PSOE de Arteixo o PP “está a amosar o esgotamento do seu proxecto” apostando por perfís que non responden ás necesidades dun concello onde “o control medioambiental debe ser prioritario” e explica que Arteixo necesita “un grupo de goberno que xestione os 4 años de mandato e que non esté a pensar só nos altos salarios que recibe”
Os socialistas arteixáns insisten na necesidade dun “goberno verde e saudable” como un dos eixos do seu programa, no que inclúen propostas para defender o patrimonio ambiental, garantir a limpeza dos solares nos núcleos urbans e as fincas no rural, facer control medio ambiental das industrias e dos vertidos aos cauces fluviais e á atmósfera, supervisar a limpeza das cunetas das estradas, mellorar o sistema de recollida de lixo, erradicar os vertedoiros incontrolados, defender o territorio da ameaza de infraestruturas eléctricas e obrigar a que as instalacións do tren ou as vías de alta capacidade non molesten a veciñanza e o seu descanso.
“O noso rural e o coidado do noso medio ambiente precisa dun goberno que aposte pola xestión municipal e supervise os traballos que se fan cos cartos de todos e non nas súas suculentas dedicacións exclusivas para só pasear polos locais de hostalaria do concello” denuncia Patricia Boedo,