Os socialistas de Arteixo chaman á participación da veciñanza este domingo para rachar con 12 anos dun goberno de costas á cidadanía.
Patricia Boedo: “Hai que saír a votar este domingo polo Partido Socialista porque Arteixo merece algo mellor que promesas incumpridas, obras de última hora e desatención aos servizos básicos”
Os socialistas de Arteixo pecharon hoxe a súa campaña cunha festa mitin na céntrica Praza das Viñas. No acto acompañaron á candidata socialista, Patricia Boedo, o secretario xeral dos socialistas arteixáns e deputado autonómico, Martín Seco, e Julio Iglesias, o integrante máis xoven da candidatura que fixeron fincapé na necesidade dun goberno socialista que poña ás persoas no centro da súa xestión de goberno, atendendo ás necesidades reais da veciñanza e priorizando o benestar social.
A candidata socialista sinalou que é “boa coñecedora dos problemas e oportunidades que ten Arteixo, un concello que avanza grazas a un orzamento elevado e ás axudas doutras adminsitracións como o goberno do Estado e a Deputación” pero que precisa que os seus dirixentes “prioricen o benestar dos seus veciños e veciñas, gobernando coa mirada na xente”. “Hai que saír a votar este domingo polo Partido Socialista porque Arteixo merece algo mellor que promesas incumpridas, obras de última hora e desatención aos servizos básicos” insisitiu.
Boedo afirmou que a súa prioridade como alcaldesa “vai ser poñer a mirada nos problemas e necesidades dos que aquí vivimos”, aproveitando as múltiples oportunidades do municipio. Arteixo ten o potencial e o orzamento suficiente para acadar emprego de calidade, bos servizos municipais, espazos de lecer e conciliación para as famillias, apoio decidido ao tecido empresarial e comercial e unhas infrastruturas que teñan o contido e actividade que “de verdad se precisan”
Para Boedo a prioridade é ter un goberno “que adique o orzamento máis elevado dos concellos coma o noso, ao que de verdade importa, a calidade de vida da xente.” “Vimos de 12 anos dunha mellorable xestión dos gobernos do Partido Popular que é incapaz de darlle dinamismo, actividade e vida propia ao noso concello” sinalou e que “non mellora a atención dos nosos nenos e maiores e se despreocupa da nosa xuventude.”
Según a candidata socialista este goberno “só está centrado na inversión en cemento e non no benestar da veciñanza.” “Un goberno que non foi quen de aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, incumprindo as súas propias promesas, polo interese duns poucos poderosos e contra o interese xeral”.
“Temos unha oportunidade de cambio este domingo para rachar con 12 anos de gobernos de costas á cidadanía” dixo a candidata, “por iso pídoche que vaias a votar con ilusión e alegría, que votes en liberdade e que o fagas ao proxecto do Partido Socialista en Arteixo” porque según Boedo é “a única alternativa para facer de Arteixo o mellor lugar onde vivir, un concello con peso na comarca para traballar man a man cos municipios veciños, un concello de referencia en calidade de vida, en benestar, en empredemento e actividade asociativa”.