Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo censuran a actitude lamentable do alcalde Carlos Calvelo nos plenos

Martín Seco: “O alcalde está a mostrar a súa verdadeira faciana, pleno tras pleno, con continuas faltas de respecto e insultos á oposición”

Os socialistas de Arteixo denuncian a actitude lamentable do alcalde Carlos Calvelo no plenos con continuas faltas de respecto á oposición, especialmente ao portavoz socialista, Martín Seco.

Os socialistas arteixáns consideran necesario denunciar a falta de educación e respecto do alcalde, sobre todo nos dous últimos plenos, nos que Calvelo se dirixiu ao voceiro socialista con insultos, berros e con interrupcións simplemente polo feito de facer o seu traballo de fiscalizar o labor de goberno e traballar polo interese da veciñanza arteixá.

“Pouco, ou milleor dito, nada queda daquelas palabras do alcalde no acto de investidura, cando invitaba á oposición a non perder o tempo discutindo” explica Seco, “cando agora non é capaz de dirixir o pleno sen manter o mínimo respecto institucional”. “O alcalde está a mostrar a súa verdadeira faciana en cada pleno con continuas faltas de respecto e insultos” insiste o concelleiro do PSOE arteixán.

Segundo os socialistas, Carlos Calvelo actúa de forma autoritaria e irrespectuosa pleno tras pleno e segue a confundir a maioría absoluta con absolutismo. “Arteixo merece outra forma de gobernar” remata Martín Seco.