Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo apostan pola creación dunha “Brigada Verde” para o control medioambiental do municipio

Patricia Boedo: “Implantaremos o proxecto “ARTEIXO VERDE”  para a naturalización do noso concello. O crecemento económico pode e debe ser respectuoso co mediambiente”

Os socialistas arteixáns continuaron hoxe a súa campaña para explicar o seu programa de goberno con dous actos. A primeira hora da tarde reuníanse coa veciñanza do Rañal para explicar as medidas para O Rañal, Figueroa e A Catuxa onde incidiron na importancia de mellorar o control medioambiental da industria do polígono e o porto exterior coa creación dunha Brigada verde policial.

“Temos que preservar o noso patrimonio natural ao tempo que promovemos os nosos núcleos empresariais”, explicaba a candidata socialista, Patricia Boedo. “O crecemento económico pode e debe ser respectuoso co mediambiente”

Xa en Rañobre, a candidata socialista fixo fincapé na eliminación de tráfico de vehículos pesados polas rúas do núcleo así como na renovación da estrada da conexión con Suevos e o polígono de Sabón cun ancho axeitado, beirarrúas e iluminación. Ademáis sinalou que  “a mobilidade é unha prioridade. Debemos mellorar as conexións entre as parroquias cun transporte público axeitado”

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá domingo 21 de maio dous actos de campaña:  ás 11.30 no Centro Social de Monteagudo e ás 19:30 no Centro Social de Rorís.