Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo apostan en Vilarrodís pola reactivación do Consello Veciñal como eixo dun concello aberto en convivencia.

Patricia Boedo: “Precisamos un goberno que escoite de verdade á veciñanza, con talante e atento á diversidade”

A candidata socialista, Patricia Boedo, ven de presentar no Centro Social de Froxel  as medidas para a parroquia de Vilarrodís así como as propostas para un concello aberto en convivencia.

Boedo afirmou que despois de 12 anos dun goberno en maioría “precisamos un goberno  que escoite de verdade á veciñanza, con talante e atento á diversidade”. “Os grupos da oposición sabemos ven do nivel de autoritarismo e falla de sensibilidade deste goberno” argumenta Boedo.

Os socialistas propoñen abrir canles de participación da veciñanza como a reactivación do Consello Veciñal, fomentar a participación nos plenos nun horario de fácil asistencia e establecer un horario da alcaldesa a atención directa á veciñanza. Estás medidas irán complementadas cunha oficina de atención á cidadanía  e unha app móvil que facilite a comunicación e os trámites entre veciños e administración.

“Vimos de anos de goberno de costas á cidadanía” engade a candidata socialista, polo que “é preciso habilitar os orzamentos participativos para escoitar as propostas e demandas da veciñanza de primeira man”. Boedo tamén  explica que outro dos proxectos é “reabrir Radio Arteixo”, como medio de comunicación público, en formato mixto (analóxico-dixital), garantindo o dereito á información e á participación.

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá xoves 25 de maio un acto no Centro Social de Barrionovo na rúa Malveira ás 20:30