Os socialistas apoian ás traballadoras do SAD de Arteixo e demandan explicacións e desculpas ao goberno local
O alcalde e a concelleira de servizos sociais mostraron reiteradas fallas de respecto ás traballadoras , ao presidente do Goberno do Estado e ao voceiro socialista no concello de Arteixo
O grupo municipal socialista de Arteixo preguntará de novo no vindeiro pleno pola alarmante situación do SAD na zona sur do concello e pola información que ten o goberno da folga convocada polas traballadoras.
O portavoz socialista, Martín Seco, expón que é importante coñecer que accións se están a levar a cabo dende o goberno local para tratar de evitar esa folga, “se hai algunha decisión ao respecto”, tras mostar a súa preocupación e indignación polo ocurrido no pleno de setembro.
Seco explica que o mes pasado o seu grupo municipal socialista presentaba unha moción pedindo a municipalización do Servizo de Axuda a Domicilio despois de ser coñecedores dos problemas no norte do concello durante o meses de verán, cando algunhas persoas usuarias viron reducido os servizos.
Nese pleno o voceiro socialista enumeraba as deficiencias e problemas do SAD dende hai anos: cambios continuos nas empresas que dan o servizo incapaces de dar estabilidade a usuarios/as e traballadores/as, traballadoras cun convenio autonómico obsoleto, condicións precarias, falla de formación, inestabilidade contractual, baixos salarios así como incumprimentos reiterados dos seus dereitos. A esa situación hai que engadir a falla de pago das súas nóminas en tempo e forma despois do pleno.
“Lonxe de atopar a sensibilidade e solidariedade dos nosos gobernantes, o alcalde insultou ao presidente do Goberno do Estado, chamándolle “ladrón” e a min mesmo” relata Seco, ao tempo que a concelleira de Servizos Sociais “ofendía gravemente ás traballadoras do servizo, acusándoas de levar a cabo unha folga encuberta e ser as culpables de non ter o seu convenio renovado”.
Ante esta situación, hai uns días as traballadoras do SAD de Arteixo anunciaron unha folga indefinida para que a empresa cumpla coas súas obligación e respecte os seus dereitos e pediron as disculpas públicas da concelleira de Servizos Sociais.
Os socialistas reiteran o apoio ás traballadoras do SAD e queren coñecer a situación no SAD da zona sur do concello, así como a información ten o goberno da folga convocada e que movementos están a levar a cabo para evitala.
“Preguntaremos tamén se o alcalde e a concelleira van pedir desculpas, aínda que xa sabemos a resposta” remata Seco.