A lama na rúa Rañobre supón un risco para a circulación
Presentamos unha solicitude por rexistro para que o Goberno local proceda a limpeza e arranxo da rúa Rañobre. A falta de mantemento da zona é un risco para a circulación rodada e peonil. O camiño está completamente enlamado, e isto vén derivado do sistema de desbroce.
Cando cortan a maleza, os restos son soprados cara ás beiras e a maquinaria empregada ás veces roza os valados co que provocan caída de pedras. Unha situación que non é exclusiva da citada área xa que o mesmo está a piques de ocorrer na rúa Figueiras que xa presenta herbas e terra no medio do asfaltado.
Por elo, esiximos ao Concello que, ademais da limpeza e arranxo da rúa Rañobre, comece a utilizar un modelo de desbroce que recolla a materia vexetal para evitar que medre máis nas beiras e evitar así o estreitamento do camiño.