Socialistas de Arteixo

View Original

Esiximos que se tomen medidas para a detección de asintomáticos nos centros educativos de Arteixo

Acabamos de presentar por rexistro unha solicitude para que se tomen medidas extraordinarias para a detección de asintomáticos nos centros educativos. A situación da Covid nalgúns centros do municipio “é alarmante, cun importante número de casos detectados e a preocupación esténdese por todos os estratos da comunidade educativa”, afirma o voceiro socialista, Simón López.


Cabe recordar que hai uns días, podíamos ler que Arteixo estaba á cabeza dos centros educativos de Galicia con máis positivos por coronavirus. “O Goberno galego debe tomar xa medidas urxentes no noso municipio e frear na medida do posible o elevado número de contaxios que se está a dar nos colexios e institutos”, expón López.