O PSOE reclama a construción dun polideportivo en Vilarrodís
Os socialistas denuncian a saturación das instalacións deportivas municipais e instan ao goberno local a cumprir algunha das súas promesas electorais
O PSdeG-PSOE de Arteixo presentará no pleno de xullo unha moción para a construción dun novo polideportivo para clubes e escolas municipais no barrio de Vilarrodís, unha proposta que os socialistas xa contemplaban en todos os seus programas electorais desde o ano 2015.
O portavoz do grupo municipal socialista de Arteixo, Martín Seco, explica que a construción dun novo polideportivo municipal é unha medida necesaria para diversificar as instalacións deportivas polos núcleos urbanos do concello e atender as necesidades dos distintos barrios.
Os socialistas plantexan a construción desta infraestrutura na zona norte do concello, no barrio de Vilarrodís, “atendendo a demanda reiterada dos clubes deportivos e diante da saturación actual das instalacións deportivas municipais, que afectan aos nosos deportistas que teñen que facer nalgúns casos verdadeiras maniobras para cubrir as súas necesidades” sinala Seco.
O portavoz socialista acusa ao goberno do PP de investir “noutro tipo de infraestruturas deportivas” pero que despois de 13 anos de goberno “seguen se executar unha instalación tan necesaria para o noso deporte”.
Seco recorda que “estaría ben que o goberno local cumplira algo do que anuncia” porque en 2023 anunciou a construción dun novo polideportivo en Arteixo, pero “non sabemos cal é o estado desa promesa, como a de tantas outras” e dende o grupo socialista entenden que ese polideportivo debe estar localizado en Vilarrodís “para diversificar as nosas infraestruturas deportivas e non continuar a saturar os espazos actuáis”.