Socialistas de Arteixo

View Original

Simón López: “O asfaltado da estrada Monteagudo-A Cachada supón unha nova ‘chapuza’ do Concello de Arteixo”

As obras consistiron nun parcheado do firme en varias zonas, mais deixando sen arranxar algúns dos puntos máis problemáticos, como a conexión coa estrada Paiosaco-Caión.

Ademais, o pintado que se realizou está limitado ás zonas asfaltadas, deixando gran parte da estrada sen ningún tipo de actuación.

O Partido Socialista xa levara o mal estado desta estrada ao pleno de novembro do 2020, tendo que pasar case 10 meses para que o Goberno Local actuase.