Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE de Arteixo recupera a actividade presencial da Casa do Pobo

A Casa do Pobo dos socialistas estará aberta martes e xoves para recibir as propostas e demandas da veciñanza de Arteixo.

Trala renovación da Executiva Local dos socialistas arteixáns, recuperamos a nosa actividade de atención á veciñanza na Casa do Pobo da Travesía Ría de Ferrol.

Ademais das visitas polos distintos barrios da vila e os encontros con entidades e colectivos, serán os martes e xoves os días establecidos para atender e recibir as propostas e demandas dos veciños e veciñas de Arteixo na propia agrupación local socialista, e tamén como punto de encontro da militancia.

A nova dirección socialista quere revitalizar de novo a Casa do Pobo como un eixo esencial da comunicación coa militancia pero sobre todo coa cidadanía. En palabras do noso secretario xeral, Martín Seco, "a nosa Casa do Pobo debe ser un espazo vivo e activo, unha Casa do Pobo aberta á militancia a á cidadanía. Un espazo de debate e convivencia para reforzar a nosa conexión coa veciñanza"

O horario establecido é:

  • Martes de 18:00 a 20:00

  • Xoves de 11:00 a 13:00