Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE de Arteixo reclama un estudo para analizar a situación da vivienda en Arteixo

Os socialistas solicitan declarar ao concello como zona de mercado residencial tensionado se cumpre cos requisitos estipulados do artigo 18 da Lei 12/2023 polo dereito á vivenda.

O grupo municipal socialista de Arteixo levará a pleno unha moción para que o goberno local inste ao Goberno da Xunta  de Galicia a redactar un estudo onde se analice o prezo de compra ou alugueiro de vivendas dos últimos 5 anos e a cota das hipotecas no concello.

O estudo deberá analizar tamén se os gastos do alugueiro superan o 30% dos ingresos ou rendas medios dos fogares e contemplar ademais, outros indicadores e variables necesarias que diagnostiquen a falta de oferta insuficiente de vivenda para a cidadanía tanto en zonas urbanas como rurais.

Os socialistas arteixáns argumentan que se o resultado do devandito estudo conclúe que esta zona cumpre cos requisitos estipulados no artigo 18 da Lei 12/2023 polo dereito á vivenda, o goberno local debería instar á Xunta a declarar este concello como zona de mercado residencial tensionado, e desta forma, aplicar o índice de prezos de referencia que a lei polo dereito á vivenda”.

A voceira socialista, Ana Cedeira, expón que a Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda ten como obxectivo prioritario facilitar o acceso a unha vivenda digna, adecuada e alcanzable ás persoas que teñen serias dificultades para facelo en condicións de mercado. Para Cedeira a lei pon especial énfase na xente nova, familias con fillos a cargo e colectivos vulnerables, promovendo unha oferta ampla a prezos alcanzables e adaptada ás demandas e realidades dos nosos pobos e cidades, e “sería unha opción axeitada para solucionar o problema da vivenda en Arteixo”.