O PSOE de Arteixo propón un Plan de Turismo Sostible aproveitando as posibilidades dos areais e un Festival de Música de referencia no verán.
Patricia Boedo reuniuse coa veciñanza de Lañas e de Barrañán no terceiro día de campaña.
A candidata dos socialistas de Arteixo, Patricia Boedo, aproveitou este primeiro fin de semana para reunirse coa veciñanza de Lañas pola mañá e coa de Barrañán pola tarde.
Boedo presentou o seu programa de goberno co compromiso de desenvolvelo dende o primeiro día “non coma o actual goberno que só aparece nos últimos seis meses de mandato con obras para poder facer a foto para a campaña electoral”. “Precisamos dinamizar os nosos centros sociais. No queremos edificios sen contido nin actividades” dixo a candidata.
A candidata socialista insistiu en Lañas na necesidade dun proxecto para a unificación de todas as parroquias por sendas peonís seguras e rematar as beirarrúas ata Arteixo.
Xa en Barrañán presentou a proposta dun Plan de Turismo Sostible aproveitando as posibilidades dos areais, con actividades no rural e un Festival de Música de referencia no verán para poñer en valor o patrimonio natural ao tempo que se convirte nun eixo de promoción económica e de emprego.
A candidata socialista seguirá coa súa campaña o luns en Larín cun mitin ás 20:30 no Centro Social.