Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE de Arteixo pide explicacións ao goberno local pola cuberta das pistas deportivas de Uxes.

O concello denega a construción por un informe negativo de Patrimonio que indica erróneamente a sua proximidade á capela de Uxes.

O grupo municipal socialista de Arteixo pedirá explicacións ao goberno local sobre a renuncia da construción dunha cuberta nas instalacións municipais deportivas e festivas de Uxes tan demandada pola Asociación de Veciños de Morás para poder utilizalas cando a climatoloxía impide a práctica do deporte ao aire libre.

O grupo municipal socialista recorda que solicitaron esa cuberta en varias ocasións e que o propio goberno local analizou a petición e solicitou os informes pertinentes, pero rexeitaron a súa construción co argumento de que fora denegada polo departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia pola súa proximidade á capela de Uxes.

Pero o portavoz do grupo municipal socialista sinala que “unha vez analizado o informe, non entendemos porque o goberno local renunciou a súa construción xa que no informe se refiren erradamente á capela de Santa Cecilia, que non é a que está situada no entorno das pistas deportivas e que foi trasladada alí dende outra localización”.

Os socialistas insisten en coñecer si o goberno local renunciou a construíla definitivamente e por outra banda preguntan porque non se buscou unha modificación do proxecto de cuberta adaptada as condicións que establece Patrimonio.