O PSOE de Arteixo mostra o seu apoio a Jenni Hermoso e pide á Federación Galega de Fútbol que condene de xeito inequívoco a actitude de Rubiales.
Os socialistas arteixáns presentarán unha moción no pleno de agosto para que o concello manifeste o seu apoio á campioa mundial de fútbol e a condena ao sucedido coa agresión recibida por Luis Rubiales, e pedir aos dirixentes da Federación Galega de Fútbol que reproben de xeito inequívoco o sucedido así como favorecer un cambio profundo na estrutura do fútbol nacional.
O grupo municipal socialista de Arteixo presentará unha moción para que a Corporación Municipal de Arteixo manifeste o seu apoio á xogadora Jenni Hermoso así como a condena ao sucedido coa agresión recibida por Luis Rubiales, e trala súa saída como Presidente da Federación Española de Fútbol, pedir aos dirixentes da Federación Galega de Fútbol que condenen de “xeito inequívoco” o sucedido e “favorezan un cambio profundo na estrutura do noso fútbol”.
A portavoz socialista, Patricia Boedo, explica que na última semana “acadamos a un fito histórico no mundo do deporte” co gran triunfo no Mundial de Fútbol da Selección Feminina Española, pero “esta gran xesta viuse embazada por uns actos absolutamente intolerables, machistas e improcedentes do Presidente da RFEF, Luis Manuel Rubiales Béjar”.
Os socialistas sinalan que tras estes actos, lonxe de rectificar non so presionou á xogadora Jennifer Hermoso Fuentes para que lle quitara importancia ao acontecido ou dera unha versión diferente da real, se non que tamén “intentou facer unha zafia manipulación do que realmente aconteceu,chegando a revitimizala”.
“Eliminar calquera forma de violencia contra as mulleres debe de ser a axenda de presente e futuro dos demócratas” afirma a voceira socialista, “polo que manifestamos o noso inquebrantable compromiso na loita contra a violencia de xénero e condenamos de xeito enérxico a actuación de Rubiales”.
Despois das declaracións do Presidente da Federación Galega de Fútbol que “lonxe de condenar ditos actos”, xustificounos como “erros que se cometen”, para os socialistas cómpre que “todos e todas condenemos claramente o sucedido e pidamos un cambio de rumbo naqueles que dirixen o noso fútbol”.
Según Boedo, “nestes momentos cruciais, debemos ter a determinación de levar o espírito real do fútbol galego á RFEF” e a “Real Federación Galega de Fútbol ten o deber de ser a voz auténtica e representativa dos nosos desexos e valores no ámbito nacional”.
Por todo isto os socialistas esixen “un cambio significativo na estrutura e representación da RFEF e que resulte nunha pluralidade democrática verdadeira” con líderes que “entendan e abracen a diversidade, a igualdade e a inclusión na súa máxima expresión” e a portavoz dos socialista engade que “queremos ver un fútbol galego que reflicta a paixón de todas e todos, independentemente do seu xénero, orixe ou identidade” e pide un cambio profundo na estrutura que permita a “líderes comprometidos e conscientes guiar o noso fútbol cara a un futuro máis brillante e equitativo”
Os socialistas esperan que o pleno aprobe maioritariamente unha moción para manifestar o apoio da corporación municipal de Arteixo á xogadora Jenni Hermoso e a condena ao sucedido coa agresión recibida por Luis Rubiales, e trala súa saída como Presidente da Federación Española de Fútbol, lle pida aos dirixentes da Federación Galega de Fútbol que reproben de xeito inequívoco o sucedido e favorezan un cambio profundo na estrutura do fútbol galego e español.