Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE de Arteixo instará ao goberno municipal a engadir todas as súas propostas na execución do plan de mellora para Pastoriza

A voceira socialista, Patricia Boedo, explica que as actuacións que está a realizar o goberno xa estaban no programa electoral do 2019 dos socialistas pero que faltan por incluír a o parque de xogos da natureza, o peche viario entre as rúas Antonio Machado e Bordeiras e a creación da área de reparto para a construción dun espazo dotacional.

Os socialistas tamén demandarán unha explicación sobre a iniciativa aprobada en abril para que Arteixo acollese a sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial.

Proposta do Programa Electoral do PSOE Arteixo do 2019 para Pastoriza

Os socialistas de Arteixo reclaman ao goberno municipal que inclúa o resto de propostas presentadas polo seu grupo na execución do plan de mellora que se está a realizar para Pastoriza.

O concello acaba de comezar as obras de construción de tres sendas peonís en Pastoriza, nas rúas Jacques Cousteau, Félix Rodríguez de la Fuente e Rexedoiro, unhas vías que conforman un triángulo que enlaza varios núcleos de poboación.

A voceira socialista, Patricia Boedo, explica que “dende o noso grupo felicitamos ao grupo de goberno do Partido Popular por desenvolver parte da nosa proposta electoral e queremos aproveitar este inicio das obras da Pastoriza para insistir en que inclúan o resto da proposta socialista”

A obra foi adxudicada por 613.000 euros, que xa estaban no seu programa electoral de 2019, pero Boedo insiste que que “o goberno debe executar tamén o resto das actuacións que contemplaba o noso programa como son o parque de xogos da natureza, o peche viario entre as rúas Antonio Machado e Bordeiras e a creación da área de reparto para a construción dun espazo dotacional que contemple un centro de día e ludoteca e a construción de vivendas de promoción pública, inexistentes neste concello dende a chegada do actual goberno local fai 11 anos”

AXENCIA ESTATAL DE SUPERVISIÓN DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Os socialistas tamén levarán ao pleno un rogo para que o goberno municipal lle recorde á Xunta a solicitude realizada para que Arteixo sexa o concello elixido para que a Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial se implante en Galicia” di a voceira socialista

Patricia Boedo recorda que no pleno de abril deste ano aprobouse por unanimidade unha moción relativa á solicitude de instalación no concello de Arteixo da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial, instando ao goberno galego a solicitar  dita instalación en territorio galego co ofrecemento do concello arteixán como sede.

“Pero a principios deste mes vimos en informacións periodísticas que as cidades de Granada e Ourense tiñan o respaldo dos seus gobernos autonómicos e que foron as dúas ciudades que se postularon como sede” lamenta a voceira socialista.

“Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo queremos saber se a iniciativa aprobada por unanimidade dos grupos do concello foi rexeitada polo goberno galego e se o goberno local realmente iniciou negociacións co goberno autonómico para que Arteixo fose o concello elixido pola Xunta de Galicia como sede do organismo” insiste Boedo. “Hai que recordar que Arteixo é o concello de maior poboación que goberna o Partido Popular en Galicia” di a socialista.

Rogo Pastoriza

Rogo SedeAxencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial