Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE de Arteixo afirma que o goberno local anuncia infraestruturas que non están previstas nin baixo a súa competencia, como unha nova comisaría de Policía Nacional

Os socialistas  preguntarán no pleno se o grupo de goberno consultou co goberno do Estado sobre a posibilidade da construción desa comisaría da Policía Nacional e se hai algún estudo do concello de Arteixo para esa proposta ao tempo que requiren información sobre a presenza nas rúas da policía local.

O grupo municipal socialista de Arteixo preguntará no pleno sobre a información aparecida nos medios de comunicación da construción dunha comisaría da Policia Nacional no concello asignándolle unha posible ubicación no mesmo espazo onde están planificadas os bloques de vivendas privadas da unidade de actuación e incluso o traslado da pista multideporte que existe preto do centro de saúde.

Os socialistas  demandan saber se o grupo de goberno consultou co goberno do Estado sobre esa posibilidade e se hai algún estudo do concello de Arteixo para esa proposta ao tempo que requiren información sobre a presenza nas rúas da policía local, porque dende o grupo municipal socialista “consultamos coa Delegación do Goberno en Galicia para avaliar a veracidade de dita noticia e atopámonos coa información de que non estaba en previsión construír ningunha nova comisaría no noso concello”. Según a voceira socialista, Patricia Boedo, a prioridade do goberno do Estado está en recuperar e aumentar o numero de efectivos  dos corpos de seguridade do Estado despois dos 7 anos de recortes do goberno de Mariano Rajoy.

Boedo sinala que en materia policial é preciso coñecer cuestións que si son competencia municipal como as relativas á policía local polo que tamén preguntarán no pleno sobre que pensa o goberno local da creación dunha policía de barrio que teña máis presencia nas rúas ou como ven a posibilidade de descentralizar parte do servizo de policía local cara a zona norte do concello.

A voceira socialista explica que “dende o Grupo Socialista propoñiamos na campaña electoral do ano 2019 e seguimos crendo necesaria a creación dunha nova base da policía local na parte norte do noso concello, o aumento de prazas de policía local e unha mellor coordinación e a posta en marcha dunha verdadeira policía de barrio que estivese máis presente nas rúas”.

“Vemos que o grupo de goberno do PP en Arteixo promete cuestións que non están baixo a súa competencia cando non mellora a coordinación e presenza da policía local nas nosas rúas pese as críticas da cidadanía en xeral sobre o seu funcionamento” remata Boedo.