O PSdeG-PSOE de Arteixo urxe ao goberno local a constituír o Consello Escolar Municipal
O grupo municipal socialista considera “imprescindible e inaplazable” a creación dese órgano municipal para debater entre toda a comunidade educativa as necesidades existentes e coordinar as solucións.
O PSdeG-PSOE de Arteixo reclamará por terceira vez nos derradeiros 12 anos a constitución do Consello Escolar Municipal mediante unha moción no vindeiro pleno, na que ademáis instarán ao goberno local do PP a convocar unha Comisión ou unha Xunta de Portavoces para que todas as forzas políticas poidan participar na elaboración do Regulamento deste Consello Escolar Municipal de Arteixo.
O Grupo Municipal Socialista considera “imprescindible e inaplazable” a creación e constitución do Consello Escolar Municipal de Arteixo, como garantía de que calquera persoa poda exercer o seu dereito de participar no sistema educativo sen máis requisito que a súa propia opción voluntaria, sempre que sexa elixido ou designado polo sector que representa.
“Se Arteixo quere ser un concello educador en todos os sentidos, que viva a educación como un referente básico para a formación da conciencia cívica, precisa dun Consello Escolar Municipal” argumenta Patricia Boedo, voceira dos socialistas arteixáns no concello.
Boedo sinala que os consellos municipais de educación, “como instrumento de participación dentro do sistema escolar, pretenden contribuír á corrección de desigualdades socioculturais, a conseguir un ensino máis eficaz e de máis calidade, e a cohesionar o tecido escolar implicado comprometendo aos grupos e ás persoas coa súa participación e contribucións”
“No Consello Escolar Municipal estará representada toda a comunidade educativa: mestres, alumnos, nais e pais, traballadores da administración e dos servizos educativos e profesionais de ámbitos diversos, e responsables políticos, entre outros”, continúa a concelleira socialista, e explica que “son moitas as solucións que un órgano desta índole pode darlle á comunidade educativa”, contando coa participación de todos os sectores implicados na educación.
Según os socialistas os consellos escolares melloran a coordinación dos investimentos a realizar nos centros educativos, a creación de novas axudas para os gastos que deben afrontar as familias con menos ingresos, o coñecemento das preocupacións de cada un dos sectores existentes na comunidade educativa, profesores, nais/pais, estudantes...
“É por iso que según o que dispoñen as leis estatais e autonómicas sobre os consellos escolares municipáis, dende o Grupo Municipal Socialista cremos imprescindible e inaplazable a creación e constitución do Consello Escolar Municipal de Arteixo, elaborando para o seu desenrolo un regulamento que debe ser aprobado no Pleno” conclúe Boedo.