Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia que os orzamentos da Xunta non poñen nin un só euro nas necesidades prioritarias da veciñanza de Arteixo.

Para os socialistas arteixáns resulta unha tomadura de pelo que desaparezca a partida para un novo centro educativo e non inclúa ningún investimento para os xa existentes.

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo ven de analizar os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2023 “coa esperanza que este ano se atendesen as necesidades que ten o noso concello en materias que son competencia do goberno galego” sobre todo no relativo ás infraestruturas, portos, sanidade, educación e servizos sociais.

Os socialistas arteixáns afirman que pese a contía que asigna o goberno galego nos seus investimentos ao concello de Arteixo, “todos os recursos da administración autonómica dedícaos maioritariamente ao polígono de Morás e a recuperar unha vella partida que xa é repetitiva nos orzamentos de tódolos anos para o saneamento de Larín”.

Para o secretario xeral dos socialistas arteixáns e deputado no Parlamento de Galicia, Martín Seco, sorprende “observar como desaparece a partida para a construción dun novo centro educativo en Arteixo, que xa non é unha realidade para Xunta e Concello” pero que tampouco repercute nuns investimentos nos centros educativos xa existentes.

A voceira do grupo municipal socialista, Patricia Boedo, pola súa banda tamén sinala que  o goberno galego non presenta nin unha soa asignación de carácter social “pese as necesidades do centro de saúde de Arteixo, saturado e con fallas de persoal e de especialistas en éste e nos centros de Vilarrodís e Meicende” e que tampouco hai ningún investimento para a falla de prazas na residencia de maiores e centro de día do concello.

Según Seco, o goberno galego “esquece tamén as actuacións necesarias para mellorar a seguridade vial e a mobilidade do concello” en viais da Xunta de Galicia como é a AC-552, así como “a posta en valor do porto de Suevos que continuará unha vez máis sen mellorar as súas instalación”.

“No Partido dos Socialistas de Galicia en Arteixo aplaudimos que se aposte pola infraestrutura industrial no noso concello e que Estrella Galicia elixise o no noso territorio para implantar unha nova fábrica debido a cercanía á auga procedente de Cecebre” afirma Martín Seco, pero “os nosos mandatarios non deberan esquecer que teñen a obriga de dar resposta as múltiples necesidades sociais e de infraestruturas que ten a nosa cidadanía” que según os socialistas soporta as cargas propias dun concello industrial que para o secretario xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo non debería ter como consecuencia “unha caída na calidade dos servizos que reciben por parte da administración, cunha sanidade cada día máis feble, unha educación con menos recursos e saturada, unha atención aos nosos maiores deficiente e unha infraestrutura viaria, cada día máis insegura e colapsada”.

Os socialistas arteixáns introducirán emendas aos orzamentos da Xunta para o 2023 que contemplen todas esas demandas de carácter social, “tal e como fixemos os anos anteriores, coa pouca esperanza de ver se son aceptadas por un goberno galego que mira para Arteixo como unha zona de sacrificio industrial sen poñer as medidas para que a implantación de novas empresas veña con solucións aos habitantes que alí residimos” conclúe Martín Seco.