Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia a situación lamentable do Parque Central os días de choiva só tres meses despois da súa apertura ao público

O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia a situación lamentable do Parque Central os días de choiva só tres meses despois da súa apertura ao público

Os socialistas de Arteixo denuncian a situación lamentable do Parque Central cada vez que chove só tres meses despois da súa apertura ao público trala inversión millonaria con fondos procedentes do Plan de Recuperación do goberno central.

 A voceira socialista, Patricia Boedo explica que esta era unha infraestrutura moi esperada pola cidadanía “para ampliar a zona verde do núcleo de Arteixo e obter así máis espazo para os xogos infantís da nosa infancia e o paseo e descanso do resto da poboación”.

O proxecto contou cun orzamento de case un millón de euros sufragados polos fondos procedentes do Plan de Recuperación “que puxo en marcha o goberno de Pedro Sánchez e que hai que lembrar que leva concedido ao concello de Arteixo case dous millóns de euros neste ano en curso en diferentes convocatorias” sinala Boedo.

O novo parque central de Arteixo abriuse ao público no mes de agosto de 2022 pero según a socialista “fixeron falla só tres meses para observar que este novo parque, situado nunha zona moi húmida do noso concello se atopa nunha situación lamentable os días que chove, que non son poucos nun territorio que soporta abundantes precipitacións ao longo do ano”.

Os socialistas denuncian que o proxecto realizado cunha execución millonaria non conseguiu que o terreo filtre a auga da choiva e evite que se convirta “nunha auténtica braña” onde é imposible camiñar “e menos xogar coa nosa rapazada”, unha situación que mostra a “mala planificación do concello” que “conta cun elevado orzamento municipal pero con pouca capacidade de xestión e visión do grupo de goberno do Partido Popular”.

O Grupo Municipal Socialista esixiu no pleno saber se o proxecto realizado no Parque Central incluía “un estudo do terreo onde se sitúa e posibles actuacións para conseguir a drenaxe das augas da choiva” nunha zona especialmente húmida do núcleo municipal, e se “o concello vai a realizar ou solicitarlle á empresa constructora as modificacións oportunas” para que a auga non inunde as instalacións do parque cada vez que chove con algo de forza pero desde o goberno local non ven necesario dar explicacións porque afirman que o estado do parque é axeitado e asumen os riscos de posibles inundacións cando chove.