O PSdeG pide a homoxenización do rueiro municipal de Arteixo
Os socialistas advirten que parece existir unha multiplicidade de nomes para un mesmo domicilio nos distintos organismos públicos e empresas privadas que inflúen tamén na xeolocalización que ofrecen as aplicacións informáticas.
O grupo municipal socialista pedirá que desde o Goberno Municipal se proceda a iniciar os trámites pertinentes para realizar a homoxenización do rueiro municipal entre as distintas administracións e os distintos servizos de GPS coa denominación correcta das rúas, parroquias e lugares.
Dende os comenzos de venta por catálogo ata as grandes plataformas de venta pola rede, un dos éxitos deste sistema é a comodidade de recibir as compras no domicilio, pero en Arteixo existe unha multiplicidade de nomes para un mesmo domicilio nos distintos organismos públicos e empresas privadas que inflúen tamén na xeolocalización que ofrecen as aplicacións informáticas, polo que é necesario revisar o rueiro para unificar a nomenclatura e evitar posibles confusións.