O Pleno aproba por unanimidade a nosa proposta de cubrir algún dos parques do Concello, como experiencia piloto
Votamos favorablemente a aprobación inicial da RPT 2022 e da VPT, co compromiso por parte do Goberno Local de solventar -antes da aprobación definitiva- varios problemas e incongruencias detectadas no texto.
No Pleno tamén se votaron por unanimidade os festivos locais do vindeiro ano 2022: 1 de marzo e 26 de xullo.
Preguntamos pola escaseza de ILLAS DE RECICLAXE NO RURAL e solicitamos ao Concello un PUNTO LIMPO MÓVIL.
Interesámonos polos avances na licitación do novo contrato do Plan Xeral.