Socialistas de Arteixo

View Original

Levamos a pleno | Novembro 2022

A creación do Consello Escolar Municipal, a solicitude da liberación da peaxe da AG-55, melloras na mobilidade e infraestruturas de Oseiro, a contaminación que afecta a veciñanza de Figueroa e o Rañal, as demandas da veciñanza de Barrañán, a situación de inseguridadede Rúa Rosa Chacel, as actuacións realizadas contra o lume na planta de compostaxe de Figueroa e a falla de previsión dos efectos da choiva no Parque Central.

No pleno ordinario de novembro, o grupo socialista no concello de Arteixo presentaremos duas mocións para urxir ao goberno local a constituír o Consello Escolar Municipa como algo “imprescindible e inaplazable” para debater entre toda a comunidade educativa as necesidades existentes e coordinar as solucións educativas.

Tamén instaremos ao goberno local a solicitar ao goberno galego a liberación da peaxe da AG-55 e aprobar ás emendas do grupo socialista aos orzamentos da Xunta en 2023.

ROGOS E PREGUNTAS

Os rogos se centrarán en solicitar melloras na mobilidade e infraestruturas de Oseiro, en urxir actuacións pola contaminación que afecta á veciñanza de Figueroa e o Rañal, e para atender as demandas metidas no caixón durante anos da veciñanza de Barrañán.

E preguntaremos sobre a situación de inseguridade da Rúa Rosa Chacel, a falla de previsión dos efectos da choiva no Parque Central despois de só tres meses da súa inauguración e sobre as actuacións realizadas contra o lume na planta de compostaxe de Figueroa