Socialistas de Arteixo

View Original

O goberno local de Arteixo non contesta á pregunta do grupo municipal socialista sobre a ordenanza de contaminación acústica

Os socialistas arteixáns denuncian ao goberno local de faltar á verdade no pleno e non cumprir coas indicacións do informe da Valedora do Pobo que instaba ao concello a intensificar os controis e a inspección das transmisións de ruídos ás vivendas, así como de desatender as peticións de dotación de equipos e formación necesaria á Policía Local.

O grupo municipal socialista reclamou de novo en pleno a dotación de equipos e formación necesaria á Policía Local para cumprir coas indicacións do informe da Valedora do Pobo Pobo en contestación á denuncia presentada por veciños da rúa Cidade de Bos Aires sobre os ruídos e molestias causados por un negocio no seu baixo, no que instaba ao concello a intensificar os controis e a inspección das transmisións de ruídos ás vivendas.

Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, expón que a Valedora indicaba que “o concello debe intensificar os controis e inspección” e recordaba a necesidade de que “no prazo dun mes” se dea conta da aceptación da recomendación formulada e no seu caso, das medidas adoptadas para darlle efectividade. 

Segundo o informe da Valedora do Pobo, as comprobacións das transmisións de ruídos ás vivendas deben facerse cando tal cousa se denuncia polas persoas afectadas, é dicir, no preciso intre en que o local está a prexudicar con niveis inadecuados de ruídos, cometendo con iso unha infracción administrativa, pero tal como recolle o informe a  Policía local manifesta que o ruído “no se ha podido corroborar al no disponer este cuerpo de medidor de sonidos ni de personal cualificado para realizar esta medición”

O concello respostou que aceptaba a recomendación formulada pola Valedora do Pobo e que a Policía Local levaría a cabo “con urxencia” un exhaustivo seguimento de comprobación dos ruídos do establecemento denunciado, intensificando os controis e inspeccións e informando á Alcaldía sobre o estrito cumprimento da licenza outorgada, ao tempo que o departamento de medio ambiente iniciaría os trámites para a elaboración e aprobación dunha ordenanza sobre contaminación acústica.

O portavoz socialista afirma que o concelleiro de urbanismo faltou á verdade no pleno ao afirmar que o concello realizara una proba acústica cunha empresa diferente a contratada pola propietaria do establecemento. Martín Seco afirma que “somos coñecedores que a proba realizada foi realizada pola mesma persoa en ambos casos”, ademáis o concelleiro socialista reclaca que “resulta delirante escoitarlle ao concelleiro responsable dicir que realizarán unha “proba acústica sorpresa”, rompendo así dita sorpresiva actuación”.

Sobre a posta en marcha da ordenanza de contaminación acústica comprometida, así coma a dotación de equipos e formación necesaria aos axentes para evitar estas situación, “nada contestaron” di Seco que opina que  “moito nos tememos que nada van a facer para ter una ordenanza de ruídos e ter os equipos e aos axentes formados para loitar contra este problema”.

Seco denuncia para rematar que  “este non é o primeiro caso nin será o derradeiro por molestias causadas por ruídos e dende o goberno local son incapaces de cumprir coa Valedora do Pobo para preservar o benestar da veciñanza do noso concello”