Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco será o novo concelleiro do PSOE en Arteixo 

O secretario xeral dos socialistas arteixáns substitúe a Luis Vázquez trala súa renuncia por motivos profesionais.

Martín Seco será o novo concelleiro do PSOE en Arteixo en substitución de Luis Vázquez quen renunciou á súa acta por motivos profesionais.

Así o ven de acordar a Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo que propuso o nomeamento de Seco ao ser o seguinte candidato na lista que presentaron os socialistas arteixáns nas elección municipais de 2023.

Martín Seco é secretario xeral do PSOE de Arteixo e xa foi concelleiro do grupo municipal en Arteixo desde 2015. En 2020 renunciou á acta de concelleiro por "incompatibilidades” según os estatutos do seu partido ao saír elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano.

Para Seco é de novo un reto reincorporarse á política local “co único obxectivo de traballar arreo pola ciudadanía arteixá” e para facer unha “oposición firme e contundente a un goberno local do Partido Popular que utiliza a súa maioría absoluta de forma absolutista”.