Levamos a pleno | Xullo 2023
A defensa da liberdade de expresión e artística, a educación pública e a inseguridade viaria na contorna da travesía da Groufa e da Escola Infantil de Larín serán os temas do mes de xullo
No pleno ordinario de xullo o grupo socialista no concello de Arteixo presentaremos duas mocións para rexeitar a censura na cultura e para defender o servizo básico e esencial da educación pública
ROGOS
Os dous rogos serán para solicitar un espazo de aparcamento na contorna da Travesía da Groufa e denunciar a inseguridade viaria na contorna da Escola Infantil de Larín.