Socialistas de Arteixo

View Original

Levamos a pleno | Xaneiro 2023

Un plan de Vivenda Municipal, a defensa da sanidade pública, a implantación de MAERSK en Langosteira, un plan de mellora integral para a Avenida Platas Varela, os núcleos afectados por costas, a unidade 8 ou o parque eólico de Carboeiro son os temas de este pleno

No pleno ordinario de xaneiro, o grupo socialista no concello de Arteixo presentaremos duas mocións para urxir ao goberno local a redactar un plan de vivenda municipal e para poñerse a disposición do goberno do Estado para que MAERSK se instale no porto de Langosteira.

Este mes tamén rexistramos por urxencia unha moción en apoio das mobilizacións de SOS Sanidade Pública do 12 de febreiro en defensa da sanidade pública galega.

ROGOS E PREGUNTAS

Os rogos se centrarán en solicitar o aplazamento da “Conferencia estratéxica” ata a composición do novo goberno local e a realización de un plan de mellora integral para a Avenida Platas Varela.

E preguntaremos pola mobilidade e a actuación urbanística da unidade 8, a situación dos núcleos afectados pola lei de costas e as medidas para frear a implantación do parque eólico de Carboeiro