Levamos a pleno | xullo 2022
Resumo dos asuntos que o grupo municipal socialista levará ao pleno deste mes de xullo
No pleno do mes de xullo de 2022 o grupo municipal socialista no concello de Arteixo presentará unha moción instando ao goberno municipal a mellorar as condicións económicas e laborais que oferta o noso concello para a contratación de socorristas e instar á Xunta a adoptar as medidas necesarias e urxentes para poñer unha solución a esta situación de absoluto desleixo nos servizos de socorrismo.
Temén presentará dous rogos solicitando ao concello que busque solucións ante a falta de prazas no servizo de comedor do CEIP Ponte dos Brozos e tamén para a reparación urxente dos accesos ás vivendas da travesía de Meirás.
E preguntará sobre as irregularidades no procedemento do inventario de bens do concello, a situación do programa “Esponjamiento de espazos públicos” co que se pretendía gañar máis prazas de estacionamento para os vehículos, e sobre os deslindes co concello da Coruña e Culleredo e a redacción do PXOM.