Socialistas de Arteixo

View Original

Levamos a pleno | maio 2022

Resumo do que o grupo municipal socialista levará ao pleno deste mes de maio despois de escoitar as demandas da veciñanza.


No pleno de mes de maio de 2022 o grupo municipal socialista tratará as seguintes cuestións:

Presentaremos dúas mocións, unha para declarar o Concello de Arteixo, Concello libre de LGBTIfobia e instar á Xunta de Galicia a dar cumprimento ao artigo 8 da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia e crear os Servizos Municipais de Información, Atención e Asesoramento LGBTI.

Tamén unha moción para instar ao goberno local a levar a cabo un Plan de rehabilitación integral do barrio de O Petón.


Como rogos expoñeremos as demandas da veciñanza de Borroa a para a homoxeneización do rueiro municipal.

E preguntaremos sobre o arranxo inmediato do firme da rúa que vai dende a rúa Sevilla e Codeseira de Meicende ata a entrada ao parque da Cega; o que está a suceder na entrada ao servizo de urxencias do PAC de Arteixo; as iniciativas que tomou o goberno local para finalizar o proceso de aprobación do novo inventario de bens e os deslindes cos concellos de A Coruña e Culleredo e tamén sobre a contratación da redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.


#SocialistasArteixo