Socialistas de Arteixo

View Original

Levamos a pleno | xuño 2022

Resumo do que o grupo municipal socialista levará ao pleno deste mes de xuño despois de escoitar as demandas da veciñanza.


No pleno de mes de xuño de 2022 o grupo municipal socialista tratará as seguintes cuestións:

Presentaremos dúas mocións sobre o traslado das liñas de Solymar e o solicitude deun novo CPi e dous rogos, un para instar ao goberno municipal a engadir todas as nosas propostas na execución do plan de mellora para Pastoriza, como o parque de xogos da natureza, o peche viario entre as rúas Antonio Machado e Bordeiras e a creación da área de reparto para a construción dun espazo dotacional.

E o segundo para que o goberno municipal lle recorde á Xunta a solicitude realizada para que Arteixo sexa o concello elixido para que a Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial se implante en Galicia

E preguntaremos sobre as irregularidades na xestión do Servizo de Axuda a Domicilio tralas queixas dos usuarios e as súas familias con relación á falla de profesionais nalgún servizo e aos continuos cambios de traballadoras que provocan desatención, así como a calidade da comida que se lles dá aos usuarios/as.

Tamén sobre o custe das bandeiras azuis, nun ano no que o concello ten o maior número de bandeiras azuis de toda Galicia pese a ter os areais en malas condicións, e sobre a xestión do concello para a contratación de socorristas para que adopte as medidas necesarias e urxentes para poñer unha solución a esta situación de absoluto desleixo nos servizos de socorrismo.

#SocialistasArteixo