Unanimidade na nosa proposta para arrombar as medianeiras dos edificios sen rematar con arte urbano
As formacións políticas apoiaron o expediente para obter os terreos necesarios para o parque urbano de Arteixo, proxectado nas normas subsidiarias do goberno socialista de Frutos Saavedra
Arteixo contará cun programa de arte urbano grazas á proposta que levamos a pleno e que contou co voto favorable de toda a corporación. Propoñíamos poñer en marcha un plan para arrombar con murais as medianeiras sen rematar dos edificios. O Concello farase cargo da propia actuación e os propietarios comprometeranse a manter a pintura e a aparencia conseguida durante un prazo dos seis anos (tempo de garantía do tratamento e protección da pintura).
O voceiro socialista, Simón López, aledouse de sacar adiante esta iniciativa coa que “evitar o deterioro urbano”, ademais, promove un movemento económico e da visibilidade aos artistas. En definitiva, engadiu López, “supón unha revitalización do entorno urbano e comercial e mellora a vida dos cidadáns”.
Este non foi o único punto do día que foi aprobado por unanimidade, e tres expedientes de expropiación contaron co voto favorable de todos os concelleiros e concelleiras. Dous deles para mellorar a rede de abastecemento –renovación da impulsión de auga ao depósito de Pastoriza e para a renovación da rede de abastecemento desde o cruce de travesía de Esteira coa estrada local da Zapateira-.
O terceiro servirá para obter os terreos necesarios para executar o parque urbano de Arteixo (parque central). Un espazo que xa estaba proxectado nas Normas Subsidiarias de Urbanismo aprobadas polo goberno socialista de Frutos Saavedra.