Preguntaremos polo estado do orzamento de 2021 e a dispoñibilidade de vivenda social
“A día de hoxe, dende o grupo municipal socialista non temos datos sobre a elaboración do presuposto de cara ao exercicio 2021”, indica López, polo que preguntaremos en que estado se atopa a elaboración do orzamento, se teñen listos polo menos uns eixos. Tamén queremos saber cal vai ser a participación da cidadanía e os colectivos sociais na elaboración das contas para o próximo exercicio e se o Goberno local ten previsto incorporar os Orzamentos Participativos ao Concello de Arteixo.
No caso da vivenda, queremos saber cantas vivendas son de titularidade municipal e que uso teñen asignado na actualidade. A maiores, preguntaremos ao Goberno local se en Arteixo existen vivendas sociais ou de alugueiro público propiedade do Concello e, por último, se hai algunha vivenda de emerxencia.