Socialistas de Arteixo

View Original

Abstémonos nuns orzamentos que nin son sociais nin teñen en conta as novas circunstancias da covid

Os orzamentos propostos polo Goberno do PP para Arteixo son “un copia-pega dos presupostos anteriores, non teñen en conta as novas circunstancias da covid e non son uns orzamentos sociais”. Estes son os motivos que nos levaron a absternos no pleno sobre as contas de 2021.

O voceiro socialista, Simón López, destacou os 50,7 millóns de euros deste presuposto e criticou que “esta cifra non se traduza nun pobo moito máis coidado e máis social”, e considerou que isto se debe a “deixadez, desidia e falta de iniciativas políticas por parte do Goberno municipal”.

Reprobamos que a día de hoxe Arteixo continúe sen PXOM. “É unha vergoña que un concello con 50,7 millóns de euros de orzamento non teña un plan xeral. Debería caerlles a cara de vergoña de levar gobernando dous mandatos e medio e segue sen saberse nada do plan xeral”, lamentou López.

Propuxemos, entre outras iniciativas, a dotación dun polideportivo para Vilarrodís, cubrir os parques infantís, dotar de contidos os centros sociais e a posta en marcha doutros novos. “Precisamos vivenda social e un cemiterio municipal e, sobre todo, máis gasto social”, indicou López.

A continuación, celebrouse un pleno extraordinario para aprobar un recoñecemento extraxudicial de facturas sen pagar. Neste caso, votamos en contra polas advertencias da interventora que no seu informe detalla que o concelleiro Víctor Merelas firmou os contratos correspondentes sen ter competencias sobre o tema.