Rodríguez Zapatero e Gonzalo Caballero, en Arteixo
O expresidente estará co candidato socialista o próximo venres 3 de xullo no CAMPO DA FESTA ás 20.00 horas
Mitin do PSdeG-PSOE en Arteixo. O expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero apoiará ao candidato socialista á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero. A cita será o próximo
venres 3 de xullo no Campo da Festa, ás 20.00 horas
. O acto estaba previsto que se celebrase no anfiteatro do paseo fluvial, pero por cuestións de aforo, decidiuse trasladalo ao Campo da Feira.
A cita será o próximo venres 3 de xullo no Campo da Festa de Arteixo, anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo ás 20.00 horas.
Baixo o lema “A hora do cambio”, Gonzalo Caballero e Rodríguez Zapatero exporán o proxecto que o PSdeG-PSOE ten para Galicia e a importancia de que a partir do 12 de xullo haxa un goberno progresista na Xunta.
Os socialistas recordan que é fundamental manter todas as medidas sanitarias durante o acto: distancia social e uso de máscara.