O PSOE DE ARTEIXO DESCOÑECÍA QUE O GOBERNO LOCAL SE REUNIRA CO CENTRO COMERCIAL ABERTO, PESE A PREGUNTALO CON INSISTENCIA EN VARIAS REUNIÓNS DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO COVID19 E SEGUIMOS SEN COÑECER CALES FORON AS RESPOSTAS QUE LLES DERON ÁS SÚAS PROPOSTAS
Martín Seco: “Mentres dende o Grupo Municipal Socialista actuábamos cunha lealdade absoluta ao Goberno Local e preguntamos en varias ocasións pola comunicación entre o Grupo de Goberno e o CCA, o alcalde non daba resposta a ditas consultas para evitar informar das propostas dos comerciantes e a súa posición de silencio antes elas”
Dende o Grupo Municipal Socialista queremos disculparnos pola información transmitida esta mañán na que afirmábamos que o Grupo de Goberno do PP, non se reunira cos representantes do comercio e hostalaría de Arteixo, xa que aínda que preguntamos en diversas ocasións na Comisión de Seguimento do COVID19 do Concello de Arteixo, sen resposta por parte do goberno local, enterámonos hoxe de que fai uns días, se levara a cabo unha reunión entre o goberno e a asociación de comerciantes, na que só se falou de hostalaría e non se falou nada das liñas de axudas a autónomos, nin da formación dunha Mesa de Comercio Local, pese a ser unha das reivindicacións dos comerciantes e hostaleiros.
Dende o Grupo Municipal non entendemos como se pode tratar a situación do comercio de costas aos seus representantes e non informar de ditas reunións aos representantes da oposición, cando preguntan en diversas ocasións por dita cuestión. Mentres a oposición comportábase dun xeito extraordinariamente leal, o goberno só informaba do que desexaba e ocultaba aquelo do que non quería falar.
Dende o Grupo Municipal Socialista preguntaremos no próximo Pleno Ordinario por que o Goberno Local segue sen formar un Mesa de Comercio Local, tal e como lle pediu o CCA, por que non deu contestación ás propostas dos comerciantes, algunha delas como a peatonalización de certas rúas en horarios comercias, a posibilidade de ampliar algunhas terrazas de hostalaría, alí onde puidese ser posible, a exención de taxas en 2020 e 2021 e por que non tratou as liñas de axuda aos autónomos con dito colectivo.
Dende o Grupo Socialista cremos que é imprescindible que o goberno escoite ao resto de colectivos que non son o PP e lamentamos profundamente que non informara de nada a oposición, algo que xa sucedeu anteriormente na Comisión do COVID19 e que pedimos que non volvera a pasar co fin de non enturbiar as relacións na corporación municipal.