Socialistas de Arteixo

View Original

PROPOSTAS DO GRUPO SOCIALISTA ANTE A CRISE DO COVID19



A/Att do Alcalde-Presidente do Concello de Arteixo

Martín Seco García, voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, e en nome de tódolos seus integrantes e todo o PSdeG-PSOE de Arteixo, quere reiterarlle a vostede e atodo o Grupo de Goberno o apoio sen fisuras do noso partido ante a situación de crise xenerada pola aparación da pandemia do coronavirus e co fin de sumar medidas da apoio á cidadanía nestes duros momentos, reiteralle propostas que xa lle comunicáramos no grupo de seguimento do COVID19 aberto entre tódolos grupos políticos do concello, que puidéramos levar a cabo dende o goberno local:


PROPOSTAS DO GRUPO SOCIALISTA ANTE A CRISE DO COVID19


Reforzo do servizo propio de limpeza nos locais abertos do concello, con especial incidencia nos centros de saúde, evitando a presencia diaria de persoal de limpeza en locais pechados, como centros sociais, culturais e cívicos, enviando máis persoal aos locais abertos ou con persoal traballando e deixando a persoal en situación de retén para posibles desinfeccións que teñamos que efectuar nesta situación de crise.

Reforzar o servizo de limpeza viaria, para desinfectar as rúas e o mobiliario urbano, en especial os lugares de paso de máis poboación, próximos a comercios abertos, supermercados, farmacias, estancos,…

Reforzar a limpeza e desinfección con asiduidade de contenedores e papeleiras.

Posta en marcha dun servizo de voluntariado, temos xente interesada que comunica o seu interese por pertencer a él, para axudar a persoas maiores en situación de risco ou soidade e outras que non poden saír a facer as compras necesarias por circunstancias alleas ao seu desexo, coa intención de manter a súa situación vital e permanecer en cuarentena sen riscos

Suspensión temporal ou bonificación de tasas e impostos locais a empresas e cidadáns afectados pola parálise da súa actividade económica e laboral, (lixo, auga, …)

Creación dunha liña de axudas para conciliación, en familias que agora teñen que contratar persoal nas súas casaa e non poden ter aos seus fillos na escola infantil ou primaria.

Creación de axudas para empresas que non acudan aos ERTES, pero vexan minorados significativamente os seus ingresos.

Reforzo da partida de emerxencia social e axilidade nas novas peticións de axuda derivadas da situación de paralización da actividade económica.

Negociar coas empresas adxudicatarias e suspender tódalas obras, non urxentes, que se están a realizar para o concello, establecendo a parálise dos prazos para a súa execución.

Asegurar que o persoal que efectúa servicios para o noso concello, ten ao seu cargo o material de seguridade axeitado para evitar o contaxio, especialmente o noso persoal de Axuda a Domicilio, de vital importancia e de risco importante tanto para traballadoras/es e usuarias/os.

Esixir da Xunta de Galicia e da empresa concesionaria da Residencia de Maiores do noso concello que tomen as medidas oportunas para evitar os contaxios, nun lugar de alto risco.

Implementar medidas alternativas ás becas comedor para nenos/as, usuarios dos comedores escolares, con risco de non poder ter una alimentación saudable.

Compra de material de prevención e desinfección por parte do noso concello.

Establecer medidas de apoio aos transportistas que circulan día a día polo noso concello para aportar suministro e abastecemento, actuacións para poder alimentarse, refrescarse, descansar e lavarse

Atención especial aos posibles casos de violencia machista e apoio e búsqueda de alternativas habitacionales para posibles casos.