Socialistas de Arteixo

View Original

O Grupo de Goberno do PP, segue sen regular o uso das terrazas dos locais de hostalaría en Arteixo, mentres o Concelleiro de Seguridade, José Mª Sánchez Novo, obriga a retirar só a que ten baixo a súa vivenda, sen manter un criterio obxectivo e igual para todos os locais afectados.



O Voceiro Socialista no Concello de Arteixo, Martín Seco, afirma que unha vez máis, o concelleiro Sánchez Novo, actúa como se Arteixo fose o seu “cortijo” e él fose o “Sheriff do condado”


Fai anos que o Grupo Municipal Socialista pediulle ao Grupo de Goberno do PP, que tomase a iniciativa elaborando unha ordenanza para a instalación e uso das terrazas dos locais de hostalaría de Arteixo, incluso derivado da insistencia do noso grupo e as críticas veciñais, o Alcalde realizou unha reunión con algúns hostaleiros do noso concello para recoller as súas inquedanzas e se comprometeu a volvelos a reunir para presentarlles o documento de ordenanza, algo que nunca sucedeu.

Faise moi necesario que exista unha regulación que aclare os lugares onde poden estar situadas ditas infraestruturas, os materiais e estética delas, os horarios para o seu uso, etc... pero o PP semella non ter intención de facer este traballo, que debe mediar entre o descanso e mobilidade dos veciños e o desenrolo económico dos nosos locais de hostalaría, porque gobernar consiste en tomar decisións e regular aquelas materias que están baixo a túa competencia.

 O que non pode facer o Concelleiro de Seguridade, José María Sánchez Novo, no delirio de actuacións ás que nos ten acostumados, é tomar a decisión de esixila retirada da que se sitúa xusto debaixo da súa vivenda, sen utilizar os mesmos criterios que permiten que outras similares sigan en uso.

O Voceiro Socialista, Martín Seco, declara que, “se o PP quere solucionar realmente os problemas existentes entre a veciñanza e hostaleiros arteixáns, deberan regular de xeito ecuánime a instalación destas infraestruturas en todo o territorio e non tomar medidas drásticas e discriminatorias só onde lle molesta persoalmente a un concelleiro do goberno local, que fai tempo que debera estar cesado por este tipo de comportamentos e a súa ineptitude nas materias que ten asignadas como representante público”