O PSOE de Arteixo solicita a licencia de actividade da parcela incendiada en Sabón
A executiva municipal socialista está preocupada, tras recibir chamadas de veciños e traballadores dos arredores da parcela, polo incendio da planta de compostaxe de Sabón -que leva expulsando fume 8 días-.
As persoas máis afectadas directamente explican que a situación lles produce varios problemas importantes: picores en ollos e gorxa, depósito de cinzas sobre as súas casas, mala calidade do aire, etc.
Tras realizar unha visita ao lugar puidemos comprobar como os malos cheiros afectan á zona deportiva e de colexios, cun intenso cheiro.
Por todo iso, acabamos de solicitar ao Concello a licencia de actividade pertinente, unicamente ca finalidade de comprobar que esta existe, está en vigor e que se axusta á legalidade vixente.