Socialistas de Arteixo

View Original

O Grupo Municipal Socialista solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para que o Goberno Local do Partido Popular informe sobre a situación da Valoración de Postos de Traballo do Concello de Arteixo


Preocupados pola situación na que se atopa a relación entre o Goberno Local de Carlos Calvelo e a Representación dos traballadores do Concello de Arteixo, despois das novas aparecidas nos medios de comunicación, derivados da elaboración e aprobación da VPT do noso concello e despois de que nos derradeiros plenos preguntásemos insistentemente por esta situación sen ter ningún tipo de contestación por parte dos gobernantes do PP, vémonos na necesidade de utilizar a posibilidade que nos ofrece a lei para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario no que pedir explicacións ao Grupo de Goberno e poder ter un debate sobre dita situación.

Dende o Grupo Municipal solicitamos ademais que se convocara aos representantes dos traballadores para que poidan dar a súa versión sobre a problemática xurdida e que se celebrase nun horario onde a maioría do persoal puidera acudir.

Non entendemos como o Concelleiro de Persoal dicía en Abril que a VPT estaba rematada e que se traería a aprobación o traballo realizado na Mesa Xeral e agora desaparece e vemos as declaracións do Alcalde contraditorias con aquelas afirmacións de antes das eleccións municipais e que ademais se utilice irresponsablemente por parte do goberno os posibles aumentos salariais dunha valoración que debe reorganizar o mapa dos traballadores do noso concello, non é unha cuestión só de salarios, cando os feitos din que en 8 anos a representación dos traballadores non puxo ao goberno en ningún tipo de problema e despois de que eles e os seus asesores se aumentasen un 52% os seus salarios. 

Compre que o goberno volva a sentarse a negociar cos traballadores e cumpra cos seus compromisos, algo que semella que agora canaliza o alcalde Carlos Calvelo, ante a incapacidade manifesta do Concelleiro delegado de Persoal e Seguridade, José María Sánchez Novo, que por responsabilidade, debera de dimitir ou ser cesado polo alcalde, derivado da situación na que ten os departamentos que dirixe.