ROGO SOLICITANDO O CESE DO 1º TENIENTE ALCALDE, JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ NOVO, COMO DELEGADO DE SEGURIDADE
A inicios de Agosto, fomos espectadores dun triste suceso no noso concello coa aparición dunha veciña sen vida na súa vivenda en Vilarrodís, dende o Grupo Municipal Socialista esperábamos que o tema fose tratado co respecto esixible a quen ten acceso a unha información tan sensible dos seus veciños.
Despois de escoitar as inaceptables declaracións, nos medios de comunicación do 1º Tenente de Alcalde e Delegado de Seguridade do Concello de Arteixo, que non vamos a repetir nesta sesión plenaria, solicitamos publicamente a súa dimisión. Os socialistas consideramos que os cargos públicos deben desempeñar as súas funcións sempre con total conciencia da responsabilidade que ostentan, e resulta inaceptable que o Concelleiro de Seguridade trate un accidente tan triste dese xeito tan soez, sen respectar á vítima, á súa familia, e aos afectados/as por enfermidades mentais como o Síndrome de Dióxenes, preguntámonos ademáis, en que irresponsables mans están informacións que afectan á vida privada da veciñanza e cal é o trato que lle pode estar dando unha persoa a estas informacións alguén que participa asiduamente na Xunta de Seguridade Local.
Lonxe de asumir responsabilidades e pedir disculpas polas declaracións realizadas, o 1º Teniente Alcalde decidiu agocharse e non dar explicacións sobre o sucedido, deixando nas mans do noso Alcalde a responsabilidade de asumir o custe de tan irresponsable comportamento.
Por todo o argumentado, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta o seguinte ROGO:
- Rogarlle ao Alcalde o cese inmediato do 1º Teniente de Alcaldía, José María Sánchez Novo, nas súas responsabilidades ao fronte da Delegación de Seguridade Cidadá
- Rogarlle ao Alcalde que pida publicamente disculpas á familia da nosa veciña e a toda a cidadanía arteixá por esas desafortunadas declaracións.