Solicitamos ao goberno a reparación e adecuación das pistas deportivas de Chamín
Nas últimas datas veciños e usuarios das pistas deportivas de Chamín puxéronse en contacto connosco para comunicarnos a súa preocupación por varias deficiencias nas mesmas -que levan tempo sen repararse-.
O Partido Socialista de Arteixo considera que a veciñanza debe dispoñer de instalacións deportivas públicas nas mellores condicións
para fomentar tanto un estilo de vida saudable como -e especialmente nestas datas- un ocio alternativo para a xente xoven, así como un perfecto estado de revista para os turistas.
Por todo iso, solicitaremos a súa reparación e mellora urxente, nos seguintes puntos:
- Instalación correcta das mesas de pícnic.
- Mantemento e mellora da zona verde.
- Substitución das redes de protección exterior, de porterías e de canastas.
- Substitución das madeiras e demais elementos faltantes, así como mantemento das mesmas.