Socialistas de Arteixo

View Original

Solicitamos explicacións sobre o estado legal dos quioscos de Barrañán


Dende o Grupo Municipal Socialista preguntámonos a situación legal na que se instalaron uns quioscos de venta de xeados e refrescos na praia de Barrañán.


Sabemos que os chiringuitos que se instalan no entorno dos nosos areais son xestionados despois dos trámites oportunos e dunha poxa pública, e neste caso descoñecemos se teñen os permisos pertinentes para exercer a actividade que están a desenrolar.


Chéganos información de que pode existir algunha denuncia do SEPRONA por dita instalación, da que pode ser coñecedora a fiscalía, e non temos información da legalidade de ditas instalacións e das posibles actuacións que teña que levar a cabo o goberno do noso concello -tendo en conta ademais que a zona de dunas desa praia é un espazo natural protexido-.


Dende o Grupo Municipal Socialista apostamos por dotar aos nosos areais das infraestruturas necesarias para a comodidade daqueles que visitan as súas instalacións, e cremos que o noso concello ofrece un servizo moi deficiente, pero este ten que ser sempre con respecto aos nosos espazos naturais.