Socialistas de Arteixo

View Original

O goberno local vende novamente fume cunha instrución sobre terrazas da Policía Local datada de marzo de 2018


  • Os socialistas denunciamos a falta de capacidade de diálogo e de valentía do goberno local.
  • Tras subir o gasto en soldos políticos ao máximo legal, demóstrase de novo a incapacidade de xestionar.


O goberno local volve a vender fume á cidadanía, unha vez máis, presentando na web municipal unha instrución de marzo de 2018, da Policía Local -e baseada nunha ordenanza do ano 2010-, como a “nova ordenanza” de terrazas que, sempre segundo afirma a páxina oficial, “aposta pola conciliación entre intereses públicos e privados”.


O goberno local non foi capaz, en 8 anos, de sacar adiante unha normativa consensuada entre o sector e o Concello, a pesar das numerosas peticións e ofrecementos á colaboración por parte dos partidos da oposición. Volveremos a solicitar que se leve a pleno unha ordenanza, esta vez si, tras dialogar coa cidadanía de Arteixo.