Socialistas de Arteixo

View Original

O socialistas de Arteixo mellorarán as zonas verdes e cubrirán os parques infantís -Municipais #26M



Martín Seco considera que os espazos de esparcimento interxeneracionais son
“garantía de calidade de vida”



“Pequenas actuacións poden facer a vida máis fácil á veciñanza, como a cubrición dos parques infantís”, asegura Martín Seco, candidato socialista á Alcaldía de Arteixo. A proposta do PSdeG-PSOE non só é para as áreas de xogo, senón tamén se estende aos parques biosaludables ou a pista polideportiva de Uxes.

Estas medida, explica Seco, permitirá que as familias poidan desfrutar destas instalacións todo o ano. “É importante adaptar os equipamentos ao lugar onde está e ás necesidades dos usuarios e usuarias”.

Os socialistas expoñen que en oito anos de Goberno do PP, “foron incapaces” de dotar aos barrios de Arteixo de infraestruturas para a veciñanza. A formación indica que queren dotar Candame, Figueiroa, A Catuxa, zona das repúblicas, a zona de Pescanova, Alto de Arteixo de espazos de convivencia para nenos e maiores.

Os socialistas propoñen no seu programa a mellora das instalacións existentes nas praias e porán en valor o patrimonio municipal, recuperándoo.