Socialistas de Arteixo

View Original

O PSdeG-PSOE porá en marcha un proxecto educativo que inclúe robótica nos centros educativos - Municipais #26M







Os socialistas avogan por un sistema de becas para estudiar idiomas no exterior



Os socialistas de Arteixo queren un concello dinámico no que a educación é un pilar fundamental. Por iso, inclúen no seu programa unha serie de medidas que beneficie aos estudantes do municipio.

“Queremos recuperar a excelencia e para elo, reformularemos o proxecto Ponte dos Brozos”, explica Martín Seco, e engade que os alumnos do concello contarán nos centros educativos con robótica e con xadrez.

Outra das propostas é un sistema de becas para estudar idiomas no exterior, ademais de crear salas de estudo na rede de bibliotecas municipal. “Co noso proxecto da Casa das Artes, liberarase espazo no centro cívico, ademais de crear locais de ensaio ou a escola de danza, para dotalo desta aula de estudo ou dunha biblioteca infantil, tan demandada polos usuarios e usuarias”, subliña Seco.

O PSdeG-PSOE de Arteixo, se goberna, negociará coa Universidade da Coruña a implantación da formación universitaria no concello, “estudando a posibilidade de crear un pequeno campus en Arteixo”, afirma Seco.

Coa Axenda 2030 no horizonte, os socialistas farán un estudo para a posible implantación dun Centro Tecnolóxico da reciclaxe e mellora ambiental dos océanos.