Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco: “Queremos solucionar dunha vez os problemas da rúa Maizales e completar os desenvolvementos urbanísticos de Pastoriza e Vilarrodís - Municipais #26M



O PSdeG-PSOE de Arteixo márcase como obxectivo fundamental sacar  adiante o plan xeral para planificar un crecemento ordenado do municipio que cumpra coas necesidades da veciñanza


O obxectivo fundamental do PSdeG-PSOE de Arteixo en materia de urbanismo e sacar adiante o plan xeral. Un documento que permitirá planificar o crecemento do municipio e dar resposta as necesidades da veciñanza. Pero antes, haberá que dar solución a problemas que levan “anos afectando aos veciños e veciñas sen que o PP, con maioría absoluta teña querido resolver”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía de Arteixo.

“Queremos solucionar dunha vez os problemas da rúa Maizales”, en Vilarrodís, arranxar o muro de contención e garantir a seguridade dos veciños. Nas actuacións urbanísticas propostas polos socialistas atópanse tamén levar a cabo os desenvolvementos urbanísticos en Pastoriza y Vilarrodís.

Os socialistas de Arteixo queren impulsar o carril para ciclistas, ademais de recuperar núcleos tradicionais como Oseiro Aldea, Vilarrodís aldea, Ponge ou As Eiras, entre outros. Outro dos proxectos que proxectarán será a construción dun cemiterio civil municipal.